Voa o tempo como voa o vento.

Teño moito que estudar e poucos días, supoño que é un mal moi común.

gustaríame que houbese xente interesada no galego, non por política nin por obriga.

É fácil de enteder e axuda a aprender ,e sobretodo pronunicar outros idiomas.

CANTIGA DE BERCE

Se queres que brille a lúa

Pecha os ollos meu amor,

que mentres os tes abertos

A lúa pensa que hai sol.

Nin pola prata da lúa

Nin polo ouro do sol

Non te deixo, meu meniño,

Non te deixo meu amor.

Canción de berce que ten xeralmente unha música monótona axeitada para durmir os nenos. O arrolo require berce e o arrorró cántase co neno no colo, facendo ó tempo un lixeiro vaivén coa parte superior do corpo.